CRTVG

Buscar

José Ángel Antelo anuncia a súa retirada

Publicado o 27/03/2019 18:13

Un que chega e outro que se vai, que anuncia a súa retirada, o xogador galego José Ángel Antelo. Con trinta e un anos, Antelo, natural de Noia, formado no Real Madrid con quen debutou en ACB con dezaseis anos, pasou por Fuenlabrada, Bilbao e Cáceres, e asentado en Murcia desde hai seis temporadas, abandona o baloncesto. Incapaz de superar as graves lesións que padeceu nas últimas campañas, roturas do tendón de Aquiles. Antelo era o capitán do UCAM Murcia.

Noticias web

27/03/2019