José María Paz Gago, experto en Pardo Bazán: "Dona Emilia quería escribir a novela criminal perfecta, por iso atopamos varias versións de 'Selva'"
Publicado o 01/06/2021 17:19
'Los misterios de Selva', editado por Ézaro, inclúe dúas novelas: 'La gota de sangre' e a inédita 'Selva'. Falamos co autor do prólogo e responsable da edición José María Paz Gago. A novela inédita 'Selva' sitúa a Emilia Pardo Bazán como a primeira escritora de novela criminal. Co personaxe de Ignacio Selva, Pardo Bazán creou unha versión castiza e cosmopolita de Sherlock Holmes