CRTVG

Buscar

José Manuel Sande: "A ruptura de En Marea sucedeu agora como podía suceder doutra maneira"

Publicado o 25/06/2019 11:35

En declaracións aos medios de comunicación nos corredores do Parlamento, tras a votación, José Manuel Sande, o senador designado polo grupo de En Marea dixo que para el supón "unha satisfacción e un honor representar a comunidade como parte da cámara territorial" que, ao seu parecer, é un órgano "imprescindible por razóns obvias".

A súa presenza no Senado buscará desterrar a idea de que é unha cámara "inútil" e anunciou a súa intención de "formular demandas e reivindicacións" en clave galega. Na súa opinión, é unha "oportunidade histórica para poñer énfase en cuestións que nos afectan a todos".

O ex-edil de Marea Atlántica na Coruña restou importancia a non contar co apoio da totalidade do Parlamento galego na súa elección e valorou que obtivera 62 votos, ao igual que os senadores do PP; "paréceme un magnífico resultado que a Cámara apoie expresamente aos seus senadores".

Ao mesmo tempo, Sande tamén ha evito profundizar no feito de que a súa elección fose o detonante da rutura do que ata o de agora era o principal grupo da oposición en Galicia. Na súa opinión, esa fractura era unha "cuestión que levaba tempo" sobrevoando o espazo, e "sucedeu agora como podía suceder doutra maneira", resumiu Sande que opina que "cuando hai diferenzas debe haber debate".

Finalmente, declarouse orgulloso de representar a En Marea pero como espazo de "todas as fuerzas políticas que están no grupo" actualmente -Podemos, Anova e Esquerda Unida-, pois ao seu parecer "é o espazo de confluencia e de pluralidade que se desenvolveu durante todos estes anos nas chamadas políticas do cambio ou nova política", sinalou.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019