CRTVG

Buscar

José Manuel Rodríguez Uribes, novo ministro de Cultura e Deportes

Publicado o 11/01/2020 13:47
José Manuel Rodríguez Uribes, novo ministro de Cultura e Deportes

José Manuel Rodríguez Uribes será o novo ministro e Cultura e Deportes no Goberno de Sánchez, en substitución de José Guirao, tal e como confirmaron fontes da Moncloa. Esta decisión chega dous días despois de que Sánchez lle comunicase a José Guirao que non seguiría á fronte desta carteira.

Rodríguez Uribes é doutor en Dereito e profesor titular de Filosofía do Dereito e Filosofía Política, da Universitat de València e na actualidade da Carlos III de Madrid. Ademais exerceu como delegado do Goberno na Comunidade de Madrid entre 2018 e 2019. No Goberno, ocupou o cargo de director xeral de Apoio a Vítimas do Terrorismo e de Atención Cidadá entre 2005 e 2011.

Esta mañá tamén se coñecía que Carolina Darias sería a nova ministra de Política Territorial e Función Pública, procedente do goberno autonómico canario, onde ocupaba ata o de agora a carteira de Economía. Segue sen coñecerse o titular dos ministerio de Xustiza.

Mañá agárdase que Sánchez lle comunique oficialmente ao Rei o listado completo dos membros do novo Goberno.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí