CRTVG

Buscar

José Luis Mateo perfila as capacidades e virtudes de Braydon Hobbs

Publicado o 17/08/2021 13:05

O Obradoiro presentou de xeito oficial a Braydon Hobbs, xogador americano que actúa como base. Mide 1,96 e ten trinta e dous anos e as últimas sete temporadas xogounas na Bundesliga.

Alí pertenceu a varios equipos, como o Bayern de Múnic, onde promediou oito puntos por partido. Infinidade de asistencias. Director de xogo. Tamén xogara en Cáceres na Leb Ouro hai oito anos.

O director xeral do Obradoiro José Luis Mateos ten claro que "é un xogador experto con capacidade de pase e con impacto no equipo, na dirección e no liderado do grupo" que lles pode axudar moito esta temporada.

Noticias web

17/08/2021