CRTVG

Buscar

José Luis Jiménez: "Estamos nunha situación de estrés para o sistema sanitario, pero é sostible"

Publicado o 25/03/2020 10:54

No hospital de Ourense aumentaron a 100 os casos de coronavirus nas últimas horas. É unha provincia en que o 31% da poboación ten máis de 65 anos. No hospital estanse reorganizando para poder atendelos a todos.

José Luís Jiménez é o presidente do Consello de Médicos de Ourense, que analiza a situación:

"A situación no hospital é de moito traballo. Temos dous andares dedicados aos pacientes COVID positivos. Temos arredor de 30 pacientes confirmados e outros tantos pendentes de confirmación".

"A situación en Ourense é moi parecida ao resto de Galicia. Estamos nunha situación de estrés para o sistema sanitario, pero é sostible".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020