CRTVG

Buscar

José Juan Durán: "Por noite, unha embarcación de recreo xera 200 euros na contorna"

Publicado o 03/01/2018 10:03

José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia, estivo no Bos Días para falarnos da situación dos portos galegos. 

"Galicia conta con 122 instalacións portuarias, das cales 30 se adican a náutica de recreo e suman 10.000 prazas de amarre".

"Nos últimos cinco anos puxemos en marcha unha campaña de promoción internacional desa oferta náutica. Como consecuencia desa promoción estamos acadando datos importantes: este ano pechamos cun aumento do 7% de tránsito, cun total de 8.700 embarcacións".

"Isto supón un aumento dos ingresos para as empresas e tamén para as vilas onde se sitúan eses portos". "Por noite, unha embarcación de recreo xera 200 euros na contorna". 

"O porto onde se producen máis tránsitos é o porto deportivo de Muros. En segundo lugar está o de Baiona e no terceiro posto, o de Combarro".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018