CRTVG

Buscar

Jose Francisco Méndez (CSIF): "Pedimos seguridade xurídica e non discriminar os interinos"

Publicado o 22/07/2021 09:15

O presidente do CSIF en Galicia José Francisco Méndez declarou: "Pedimos seguridade xurídica e que non haxa discriminación entre traballadores temporais que están ocupando unha praza. E non só os de dez anos que van saír nestas convocatorias futuras, senón nas de 2017 e 2018 e que aínda non están pechadas".

"O problema da temporalidade é un problema grave das administracións públicas. Por exemplo o 40 por cento no Sergas ou o 70 por cento dos bombeiros forestais. Esta situación que vivimos está agravada pola crise de 2008, que suspendeu as ofertas de emprego público e nos levou a cifras moi altas de temporalidade", asegurou este xoves no Bos días.

Para chegar á cifra do 8 % que marca Europa como a idónea, José Francisco Méndez dixo: "Iso vai requirir a eliminación da taxa de reposición, aquela que permite que só se convoquen as prazas de xubilación do ano anterior e non as prazas que veñen cubertas desde hai anos, de vacantes de hai oito, nove ou dez anos."

Noticias web

22/07/2021