CRTVG

Buscar

José Carlos López: "No caso dunha persoa que estivo 22 meses en prisión e resulta absolta o prexuízo é evidente"

Publicado o 21/06/2019 10:48

O avogado penalista, Jose Carlos López Abad, explicou no Bos Días en que consiste o cambio de criterio do Tribunal Constitucional respecto ás indemnizacións ás persoas que cumpriron prisión preventiva e que non resultan condenadas. Ata o momento actual só se facía con aqueles casos nos que se demostraba que o delito nin sequera existía. Agora López Abad di que "se equiparan todos os supostos absolutorios como causantes dun prexuízo, e polo tanto deben ser indemnizados".

Un dos casos máis sonados é o do ex-presidente do Fútbol Club Barcelona, Sandro Rosell, quen cumpriu 22 meses de prisión preventiva, e finalmente non foi condenado. "Son os casos máis comúns" di López Abad, "que haxa unha absolución por falta de probas e despois dese tempo no cárcere o prexuízo é evidente, e creo que esas persoas deben ser compensadas".

Ante a posibilidade de que en cadea xurdan reclamacións de casos antigos, Jose Carlos López Abad cre que si podmos estar ante un caso no que aplicar a retroactividade. "Se se declara a inconstitucionalidade destes dous incisos, fórono sempre, polo tanto poderíase solicitar indemnizacións por casos que xa foron fallados", conclúe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019