CRTVG

Buscar

José Antonio Rodríguez Añón: "As medidas contra o cambio climático son máis fáciles de chiar que de aplicar"

Publicado o 04/11/2019 10:56

Falamos con José Antonio Rodríguez Añón, director do Máster en Enerxías Renovables e Cambio Climático da USC.

Madrid acolle en decembro a COP25, a reunión dos países que asinaron a Convención das Nacións Unidas contra o Cambio Climático.

A comezos de decembro vai ter lugar en Madrid a chamada COP25, a reunión dos países que asinaron a Convención das Nacións Unidas contra o Cambio Climático. A conferencia íase celebrar en Chile pero os disturbios que se prolongan desde hai case un mes fixeron imposible que as delegacións se puidesen reunir no país andino.

"Nestes cumios buscan trasladar os acordos do protocolo de Toquio á realidade. A partir do cumio de París asumíronse compromisos contra o cambio climático, tanto as primeiras medidas como o custo económico para levalas a cabo. Tomar medidas ten repercusións sociais como con Alcoa, por iso custa traballo levalas a cabo".

"O cambio climático é complexo, leva tempo e non fácil solución. Somos conscientes de que precisamos enerxía, pero temos en conta que producir enerxía vainos matar. O cambio climático é xa cuestión de fe, por moitos datos que haxa. É dificil deixar de lado a enerxía da que somos dependentes".

"A emerxencia climática é xa a primeira ameaza. Tanto a sociedade como a política é difícil actuar. As medidas son máis fáciles de chíar que de poñelas en marcha. Pero o tempo esgótase, hai que actuar xa".   

 

Noticias web

04/11/2019