CRTVG

Buscar

Jorge Vázquez triunfa outra vez na Madrid Fashion Week

Publicado o 28/01/2019 20:06

Jorge Vázquez é un dos grandes nomes da Mercedes Fashion Week. O seu desfile era un dos máis agardados. E o deseñador betanceiro nunca defrauda. A súa proposta mira outra vez aos anos 70 para vestir unha muller exótica e elegante

Esta vez Jorge Vázquez optou por un desfile minimalista coa única concesión a unha réplica dos xardíns Majorelle de Marrakech. E alí, en Marrocos, atopou o betanceiro a inspiración para esta nova coleccón. As cores do deserto, o azul cobalto de Marrakech..

Unha colección moi comercial porque di Jorge Vázquez que o que busca é vender. Con siluetas moi femeninas, mirando aos anos setenta. Vázquez viste unha muller elegante, exótica. E de todas as idades.

O betanceiro pechou a representación galega na pasarela madrileña. Antes presentou a súa colección Inuñez, a marca da viguesa Isabel Núñez. Unha colección "impresionista", mirando as cores de Monet, con prendas de corte masculino unhas, de corte máis lixeiro outras. Unha colección para iluminar os días máis grises do vindeiro inverno.
















 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019