CRTVG

Buscar

Jorge Prado viaxa a París para o GP de Francia só cinco días despois do seu accidente

Publicado o 08/10/2021 16:33

E saiban que Jorge Prado viaxa esta tarde a París. Coa idea de correr o Gran Premio de Francia.

A proba celébrase este domingo e só pasaron cinco días do seu accidente en Alemaña. Foi operado dunha ferida de quince centímetros. Hai riscos polos movementos que fan os pilotos pero Prado asume o risco. Quere seguir pelexando polo título mundial. A cita é na rexión francesa de Midi-Pireneos.En Lacapelle-Miraval.

Noticias web

08/10/2021