CRTVG

Buscar

Jorge Prado, "satisfeito" co retorno do Mundial de motocrós o 2 de Agosto

Publicado o 23/05/2020 14:41

Xa hai unha data no calendario. O inicio de Agosto aparece como o horizonte para Jorge Prado. Algo máis de dous meses para traballar, recuperarse plenemente dunha grave lesión e ver por fin o futuro con optimismo

Jorge Prado, o piloto de MXGP comentou que "en teoría comezamos o calendario en Agosto, algo que vexo moi positivo xa que significaría que a situación da pandemia tería mellorado moito. Neste tempo de corentena, de confinamento, estiven moi focalizado na rehabilitación da miña perna mala, fortalecer ben a perna para que cando volvese a poñerme enriba da moto sentirme ao cento por cento. En certa maneira beneficioume o parón pero boto de menos moitas horas enriba da moto, algo que ahora mesmo podo facer pois as pistas están abertas. Levo tres días enriba da moto e atópome moi ben, sen molestias. Agardo seguir así ata o inicio das carreiras".

Bastáronlle dúas probas na súa estrea no Mundial para exhibir o seu talento. Prado ocupa o oitavo posto na xeral. Nos Países Baixos foi capaz de liderar unha das mangas durante varios minutos e recolleu o premiro ao Holeshot, é dicir, a mellor saída da carreira. As espectativas son altas.

Jorge Prado, o piloto lucense de MXGP, sinala que  "Os nosos obxectivos on un pouco os de sempre. Chegar ás carreiras a un bo nivel, facelo o mellor posible. Creo que este ano podo estar pelexando cos pilotos de cabeza e a ver que tal nos vai"
O 2 de Agosto, enRusia, podería estar de novo Jorge Prado na grella de saída. Veremos se as circunstancias permiten o retorno do espectáculo do motocrós que, xa saben, poderán seguir pola G2.
 

Noticias web

23/05/2020