CRTVG

Buscar

Jorge Prado mantense líder no Mundial de MX2

Publicado o 06/08/2018 15:17

En Motocross Jorge Prado defendeu o liderado do Mundial cun triunfo solvente no coñecido como "inferno de area" de Lommel, en Bélxica.

Volvía o lugués á que fora a súa casa durante varios anos antes de establecerse este ano en Italia. Jorge Prado gañou as dúas mangas e así aumenta a diferenza sobre o letón Paul Jonass, segundo clasificado e vixente campión. A Prado non lle pesou a placa vermella de líder en MX2. A próxima proba será en Suíza o 19 de agosto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018