CRTVG

Buscar

Jorge Prado gaña no GP de Holanda

Publicado o 11/09/2017 15:18

E non nos esquecemos de Jorge Prado. O piloto galego logrou a súa terceira vitoria no mundial de MX2. Jorge gañou no Gran premio de Holanda, neste circuíto de Assen, o mesmo circuíto onde lograra o Europeo do ano 2015.

Con só 16 anos, o lucense pode presumir de que fixo unha temporada sobresaínte. Acumula tres vitorias na súa primeira experiencia mundialista. Unha temporada de aprendizaxe e tamén de éxitos... e todo con só 16 anos. A próxima semana remata o mundial en Francia e Jorge quere volver ao podio

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2017