CRTVG

Buscar

Jorge Prado gaña en Portugal e achégase ao liderado

Publicado o 16/04/2018 15:21

E non para o lucense Jorge Prado, que tamén gañou en Portugal.

Segundo triunfo consecutivo de Prado no Mundial de MX2. Prado presentouse no circuíto de Águeda tras vencer no Trentino italiano. O piloto lugués dominou as dúas probas do evento e agora na xeral do Mundial recorta a desvantaxe. Está a catorce puntos do líder, o letón Paul Jonass.Faltan catorce probas, e Jorge Prado presiona o seu principal adversario, o vixente campión. A próxima cita é en Rusia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018