CRTVG

Buscar

Jorge Prado gaña as dúas probas de Indonesia

Publicado o 14/07/2019 14:28

Jorge Prado segue imparable no seu obxectivo de renovar o título de campión Mundial de Motocrós. Acaba de conseguir a vitoria nas dúas carreiras celebradas este domingo en Indonesia. Prado aumenta ata os 78 puntos a vantaxe respecto ao segundo clasificado, o danés Olsen que caeu na saída da segunda manga. O lugés leva once vitorias de doce probas disputadas. A próxima cita será o día 28 na República Checa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019