Jorge Prado operado con éxito da clavícula dereita
Publicado o 09/06/2020 19:19

Jorge Prado, dobre campión do mundo de motocrós na categoría MX2, foi operado con éxito da fractura da súa clavícula dereita tras sufrir unha caída mentres adestraba en Bélxica.
"Empezamos a recuperación novamente e espero poder adestrar despois de aproximadamente unha semana, aínda que esperaremos outras tres para volver sobre a moto. Afortunadamente, temos algo de tempo antes de que comecen as carreiras", recoñeceu o dobre campión do mundo de MX2