Jorge Prado, positivo por coronavirus, non competirá en Lommel
Publicado o 24/10/2020 21:28
O piloto lucense Jorge Prado confirmou na súa conta de Instagram que dera positivo por COVID19 no test realizado antes da carreira que gañou o pasado mércores. Deste xeito non poderá competir este domingo en Lommel, xusto no intre no que asexaba a segunda posición de Antonio Cairoli.
"Sinto unha gran impotencia. Extremei ao máximo as precaucións, a miña única rutina foi adestrar e competir manténdome nunha burbulla tal e como me pediron, Non teño nin idea de como puiden contaxiarme", asegurou Prado.