Jorge Prado acostúmase a subir ao podio
Terceira posición no GP de Emilia Romagna logo de gañar a primeira carreira e ser sexto na segunda
A loita entre Jorge Prado e Jeremy Seewer pola vitoria na primeira rolda do Gran Premio de Emilia Romagna quedará para o recordo. Foron dez minutos en que o galego lle pechou todas as portas ao suízo e rematou provocando o seu erro. Foise ao chan Seewer no único punto do circuíto en que albiscaba o adiantamento.
Así, Jorge Prado puido festexar a súa primeira vitoria parcial na máxima categoría. Á conclusión desta, xa avanzou unhs problemas intestinais que o lastraron na segunda carreira. Impedíronlle loitar polo triunfo no Gran Premio, ao ceder conforme avanzaban os quilómteros desde o primeiro ata o sexto posto.
Aínda así, a posición aseguraba un chanzo no podio, algo a que xa comeza a acostumarse o lucense. A vitoria foi para o seu compañeiro de equipo, Antonio Cairoli, que ademais é o novo líder do Mundial. Prado é quinto, a 48 puntos.
No que é indiscutible líder é nas saídas. Volveu facer pleno de holeshots. Leva xa sete no que vai de temporada. O seu asentamento entre os mellores avanza con paso firme. A próxima cita, en quince días, de novo en Italia.