CRTVG

Buscar

Jorge Cubela e Pepa Pardo serán os voceiros do PP na Deputación de Pontevedra

Publicado o 29/06/2019 18:25

O PPdeG presentou os membros que van conformar o grupo dos populares na Deputación de Pontevedra, xunto ao secretario provincial do populares, Alfonso Rueda.

Son once membros, un grupo renovado por completo, que volverá traballar desde a oposición, neste mandato cun escano menos... Os seus portavoces serán a partir do mércores vindeiro o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a concelleira de Pontevedra Pepa Pardo. Nunha rolda de prensa posterior, anunciaron que o PPdeG fará unha "oposición construtiva" e avogaron por lograr "un mandato distinto ao anterior, no que impere o diálogo", en clara crítica á presidencia da socialista Carmela Silva.

"Alcaldes e alcaldesas non foron recibidos en catro anos, que sufriron moitas descortesías institucionais e alcaldes e alcaldesas do PP que quedaron marxinados polo equipo de goberno provincial, por moito que o dixeran non era unha Deputación aberta e imos traballar para que sexa unha Deputación aberta e profundamente democrática", dixo Alfonso Rueda

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019