Jorge Coira remata a rodaxe da versión cinematográfica de 'Eroski Paraíso' de Chévere
Rematou a rodaxe da película 'Eroski Paraíso', unha versión cinematográfica dunha obra de teatro do grupo Chévere. Jorge Coira e Xesús Ron dirixen este filme que se desenvolve nunha sala de festas reconvertida en supermercado.
É a historia dunha familia, que é tamen a historia social do país nas últimas décadas. Os actores Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo bailan nunha soñada sala de festas Paraíso de Muros. Trátase dunha das últimas escenas da rodaxe de Eroski Paraíso, que leva ao cine unha das obras de teatro do grupo Chévere.
Na obra conta a historia dunha parella a través do tempo que se coñece nunha sala de festas que co tempo muda a supermercado e dunha filla empeñada en facer un documental. Cine no teatro e agora teatro no cine.
Pero en definitiva tratase da historia do país. Unha nova revisión das últimas décadas.
Gravouse no Auditorio da Ramallosa de Teo, en Muros e Mazaricos e Arcos. Chevere e Ollovivo producen este filme sen subvencións, cun baixo presuposto de 30.000 euros, máis coa colaboración de Vegalsa Eroski e Deleite.