CRTVG

Buscar

Turull e Romeva negan o uso de violencia no 1-O durante o xuízo do 'procés'

Publicado o 19/02/2019 19:12

O ex-conselleiro da presidencia, Jordi Turull, respondeu durante máis de tres horas e en castelán as preguntas do fiscal. Tras afirmar que a declaración unilateral de independencia foi unha expresión de vontade política, consecuencia do referendo do 1 de outubro, Turull acusou o fiscal de defender un discurso delirante sobre o uso da violencia no procés.

"Que por moito que se presente a sociedade catalá como violenta, este relato non ten sentido e non se aguanta por ningunha parte, é máis, é delirante".

Tras Turull, compareceu o ex-conselleiro de Exteriores, que comparte letrado e estratreixa con Oriol Junqueras. Coma el, Raül Romeva só respondeu as preguntas do seu avogado.

"Hoxe, xusto hoxe fai un ano, 365 días que estou en prisión e, polo tanto, considérome un preso político".

Romeva asegurou que neste xuízo quedará demostrado que no proceso independentista non houbo violencia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019