CRTVG

Buscar

Jordi Turull desvincúlase da loxística e organización da consulta do 1-O

Publicado o 19/02/2019 15:26

Mariano Rajoy declarará o próximo martes no Supremo como testemuña no xuízo do procés. Será no primeiro día de testificais, en que tamén están citados Artur Mas e Roger Torrent, entroutros. Esta mañá prestou declaración o ex-conselleiro de presidencia da Generalitat. Jordi Turull dixo que o Goberno catalán quixo darlle unha saída pacífica e política ao movemento independentista, polo que buscaron un referendo pactado co Estado. A Fiscalía considera a Turull reponsable da loxística do un de outubro, pero o ex-conselleiro dixo que non se destinaron cartos públicos ao referendo ilegal, desvinculouse da súa organización e sostivo que non cometeu delito ningún.

Jordi Turull, ex-conselleiro da Presidencia da Generalitat: "O referendo ata o último momento intentouse que fose pactado. Non se gastou nin un euro no referendo, e as urnas a día de hoxe aínda non sei como se adquiriron. Por un auto, por facer unha cousa que non merece reproche penal levo un ano no cárcere".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019