Jordi Sànchez, na campaña dende a cadea e Puigdemont deberá recoller a acta en Madrid
Jordi Sánchez intervén na campaña dende o cárcere
Jordi Sánchez, un dos imputados no xuízo do procés e candidato de Junts per Catalunya, ofreceu este xoves de mañá unha conferencia de prensa. Fíxoo por vía telemática dende o cárcere madrileño de Soto del Real, onde se atopa en prisión preventiva. Autorizouno a Xunta Electoral onte á noite. Compareceu nunha sala presidida por unha bandeira de España e unha foto do rei.
Puigdemont terá que recoller a acta en Madrid
O Parlamento Europeo dille a Puigdemont que non terá inmunidade parlamentaria se non recolle a acta de eurodeputado en Madrid. O ex presidente da Generalitat asegurara que se saía elixido obtería a inmunidade instantáneamente tralo reconto de papeletas. Pero os servizos xurídicos da Eurocámara lémbranlle que tería que ir antes a Madrid a recoller o escano, polo que podería ser arrestado.