CRTVG

Buscar

Jordi Montull ingresa en prisión para cumprir condena polo caso Palau

Publicado o 22/06/2020 19:11
Jordi Montull ingresa en prisión para cumprir condena polo caso Palau

O ex-número 2 do Palau da Música na época de Fèlix Millet, Jordi Montull, ingresou a tarde deste luns no cárcere de Brians 2, en Sant Esteve Sesrovires (Barcelona), para cumprir condena polo caso Palau, informou a Conselleria de Xustiza da Generalitat.

Montull entrou en prisión, de forma voluntaria, para cumprir a pena de sete anos e medio de cárcere polo seu papel no desfalco da institución musical, tres días antes do límite fixado pola Audiencia de Barcelona. 

A Audiencia fixou o 25 de xuño como límite para o ingreso en prisión tamén para Fèlix Millet, e-presidente do Palau, e Daniel Osàcar, ex-tesoureiro de CDC, despois de que o Tribunal Supremo (TS) confirmara a sentenza do caso Palau, que agora é firme, e que condenou un total de 12 persoas a penas de entre oito meses e nove anos e oito meses de prisión.