CRTVG

Buscar

Jordi Cuixart sae de prisión no seu primeiro permiso tras 822 días no cárcere

Publicado o 16/01/2020 19:53

O presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, saíu este xoves do cárcere de Lledoners para gozar do seu primeiro permiso de 48 horas, tras pasar 822 días en prisión, máis dun cuarto da condena que o Supremo impuxo a el e a Jordi Sánchez polo 'procés'.

Acompañado de familiares, Cuixart abandonou o centro penal cara ás 19:30 horas, un día despois de que a Consellería de Xustiza avalara o primeiro permiso de saída que lles concedeu a Xunta de Tratamento do cárcere de Lledoners, onde cumpren condena

Durante o permiso, non terá axenda pública, e, segundo asegurou, aproveitará o tempo para estar coa súa familia.

Noticias web

16/01/2020