CRTVG

Buscar

Jordi Cuixart sae da prisión cun permiso de 72 horas para ir traballar, malia a oposición da Fiscalía

Publicado o 13/02/2020 09:03
Jordi Cuixart sae da prisión cun permiso de 72 horas para ir traballar, malia a oposición da Fiscalía

O presidente de Òmnium Cultural, Jordi  Cuixart, saíu esta mañá da prisión barcelonesa de Lledoners cun permiso de 72 horas para ir traballar que lle concedeu a Xunta de Tratamento do centro e avalou unha xuíza de vixilancia penal a pesar da oposición da Fiscalía.

Cuixart saíu ás 8:15 do centro penal, saudou cun "bos días" os reporteiros gráficos que captaron o momento e introduciuse nun coche coas dúas persoas que se desprazaron ata Lledoners para recollelo.

A xuíz de vixilancia penal autorizou o permiso de 72 horas ao líder de Òmnium Cultural ao considerar que tivo unha "boa conduta" en prisión e que a súa frase "volvería facelo" en relación ás súas accións durante o procés, polas que foi condenado a nove anos de prisión por sedición, se limita á "mera expresión dun pensamento ideolóxico-político".