CRTVG

Buscar

Jordi Cuixart regresa a prisión tras o seu primeiro permiso de 48 horas

Publicado o 18/01/2020 19:50

O presidente de Omnium Cultural, Jordi Cuixart, regresou esta tarde ao cárcere de Lledoners tras rematar o permiso de 48 horas, que transcorreu no círculo familiar.


Omnium xa anticipara que Cuixart non tiña axenda pública e que non ía realizar comparecencias informativas. Esta tarde reingresaba en Lledoners cun breve saúdo aos congregados pouco antes das sete e media do serán. Jordi Cuixart foi condenado a nove anos de prisión por sedición e levaba no cárcere desde outubro de 2017. Accedeu ao segundo grao penitenciario tras cumprir unha cuarta parte da condena.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020