CRTVG

Buscar

Jordi Cuixart pide unha reunión con Pedro Sánchez

Publicado o 06/08/2019 16:13

Nesta rolda de consultas de Sánchez con entidades sociais quere participar o presidente de Ómnium Cultural, Jordi Cuixart. Está en prisión preventiva polo procés, e así llo solicitou ao líder socialista nunha carta. Dille que Ómnium é a maior entidade cívica cultural do Estado e asegura que é importante poder explicarlle en persoa o alcance da afirmación "volverémolo facer". Pronunciouna na súa alegación final no Supremo e agora é usada con frecuencia polo independentismo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019