CRTVG

Buscar

Cuixart defende o pacifismo das mobilizacións de Òmnium

Publicado o 26/02/2019 17:34

Centos de persoas concentráronse ante a sede de Òmnium Cultural en Barcelona para seguir a declaración do seu líder, a quen a Fiscalía sinala como promotor da independencia, unha agravante do delito de rebelión que lle imputa. Jordi Cuixart recoñeceu o seu papel mobilizador, definiuse como activista social e lamentou os incidentes rexistrados ante a Consellería de Economía, aínda que os considera menores.

Esta folla de ruta unilateral ten un novo implicado: a Garda Civil vincula por primeira vez a Quim Torra por unha conferencia que deu en 2016, en que falaba da creación ás agachadas de estruturas de Estado catalás. Os partidos independentistas ven unha persecución.

Torrent asiste á sesión de hoxe no Supremo, en que a súa predecesora, Carme Forcadell, pecha esta tarde as declaracións dos acusados.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019