Jordi Aroher, unha estrela para o Liceo
Publicado o 19/08/2020 16:32
Tras cinco anos de éxito no Benfica, cunha morea de goles coma este, chega á Coruña Jordi Aroher, campión de Europa e do mundo e gran aposta do Deportivo Liceo para a nova campaña. Unha fichaxe de altura para altos obxectivos.
O primeiro dos desafíos debera ser na Coruña coa celebración da Copa do Rei. Pero arestora, a súa disputa aínda non é segura.
A cita está marcada para a terceira semana de setembro.