Liceo-Barcelona, un duelo pola liga, na G2
Publicado o 04/02/2021 17:01
• Jordi Aroher e Carles Grau analizan o encontro
Ensaia Jordi Aroher as accións a bóla parada. Calquera detalle pode decidir un Liceo-Barcelona.
A habilidade de Adroher nesta lide foi chave na vitoria liceísta no Palau na primeira volta. Xa lle tarda volver gozar do clásico.
Do goleador ao porteiro. Os equipos chegan empatados. Carles Grau busca unha nova bóla extra na Liga.
Grau agarda que o Liceo tire de orgullo para compensar o traspés de Taradell.
Liceo-Barcelona na G2, un plan do máis atractivo para a tarde do venres.