CRTVG

Buscar

Jordan Sakho apuntala o xogo interior do Breogán

Publicado o 07/08/2021 14:30
Jordan Sakho apuntala o xogo interior do Breogán

O Breogán deixa case pechado o plantel coa fichaxe do pivote da República do Congo Jordan Sakho. Sakho (24 anos, 2'09) xoga na ACB desde 2016, primeiro en Manresa e a última temporada en Burgos. 

En Manresa fixo dúas boas temporadas acreditando uns 15 minutos de media con 5'9 puntos e por riba dos catro rebotes por partido. A temporada pasada asinou en San Pablo Burgos onde a competencia provocou que baixasen as súas prestacións (10 minutos, 3'7 puntos e 2'5 rebotes).