CRTVG

Buscar

Johnson presenta un plan de inmigración por puntos na apertura do Parlamento británico

Publicado o 14/10/2019 21:36

A raíña Isabel II presidiu a apertura do novo curso no Parlamento britanico. Unha cerimonia cargada de simbolismo, que nesta ocasión estivo marcada pola conta atrás para o brexit. A raíña trasladouse en carroza dende o palacio de Buckingham a Wenstminster para ler o discurso escrito polo primeiro ministro, Boris Johnson.

Na súa intervención reafirmou a vontade de saír da Unión Europea o 31 de outubro. Tamén anunciou unha nova lei de inmigración, que cambie a liberdade de movementos dos comunitarios por un sistema por puntos para avaliar as calidades profesionais dos solicitantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019