CRTVG

Buscar

Johnson e Juncker acordan "intensificar" as conversas do 'brexit'

Publicado o 16/09/2019 19:15

Xuntanza entre o presidente da comisión Europea e o primeiro ministro británico para falar sobre o Brexit. Jean-Claude Juncker e Boris Johnson escolleron Luxemburgo como lugar neutro para este encontro, no que Johnson non pediu prórroga para esa saída da Unión.

O presidente da Comisión Europea volveu insistir en que debe ser o Reino Unido o que presente propostas compatibles co actual acordo de retirada, algo que segundo apuntou aínda non sucedeu.

Juncker destacou que o Consello Europeo que se celebrará no mes de outubro será unha cita importante neste proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea.

Noticias web

16/09/2019