CRTVG

Buscar

Johnson di que aínda non é o momento de suavizar o confinamento

Publicado o 27/04/2020 10:54
Johnson di que aínda non é o momento de suavizar o confinamento

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, agradeceu este luns aos cidadáns os esforzos e a fortaleza para facer fronte á pandemia da COVID-19 e afirmou que o país está a frear o avance da enfermidade pero que as medidas de confinamento aínda non poden ser suavizadas.

Nunha declaración ante a súa residencia oficial de Downing Street, a primeira tras recuperarse do coronavirus, Johnson reiterou que o país afronta o "maior desafío" desde a II Guerra Mundial, pero insistiu en que só se levantarán algunhas medidas de confinamento cando haxa certeza de que non haberá outro pico de contaxios.

"Pídovos que conteñades a impaciencia, porque creo que estamos a chegar á fin da primeira fase deste conflito", dixo.