CRTVG

Buscar

Johnson apoia a Cummings, o asesor que incumpriu a corentena

Publicado o 25/05/2020 09:34

Dominic Cummings, quen se considera o asesor de maior confianza do primeiro ministro británico, Boris Johnson, incumpriu o confinamento canda a súa muller. Os dous viaxaron á casa dos pais de Cummings cando el e a súa muller tiñan síntomas de coronavirus para que, segundo explicou, coidaran do seu fillo de tres anos.

Johnson xustifica a súa actuación. Di que o seu asesor non tiña outra alternativa. Mentres tanto, a oposición e unha parte dos deputados conservadores piden a súa cabeza.

Noticias web

25/05/2020