CRTVG

Buscar

Johnson anuncia que intentará convocar eleccións o 12 de decembro

Publicado o 24/10/2019 19:21

• Advirte de que só así dará máis tempo para debater o 'brexit'

Johnson anuncia que intentará convocar eleccións o 12 de decembro

O primeiro ministro británico, o conservador Boris Johnson, anunciou hoxe que vai tentar convocar unhas eleccións xerais anticipadas no Reino Unido que se celebren o próximo 12 de decembro. Nunha entrevista coa canle BBC, o primeiro ministro afirmou que outorgará máis tempo aos deputados para debater o acordo do 'brexit', pero só se aceptan apoiar a súa chamada ás urnas.

O Parlamento aproba o seu programa de goberno

A Cámara dos Comúns aprobou este xoves a axenda lexislativa que propuxo para este curso parlamentario o primeiro ministro británico, o conservador Boris Johnson. Por 310 votos a favor e 294 en contra, os deputados deron luz verde ao catálogo de medidas gobernamentais que a raíña de Inglaterra, Isabel II, encargouse de expoñer ante o Parlamento o 14 de outubro. A axenda do Executivo pode resultar efémera se Johnson cumpre o seu propósito de convocar unhas eleccións xerais anticipadas o próximo 12 de decembro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019