CRTVG

Buscar

Johnson anuncia as fases dunha desescalada sen Gales, Escocia e Irlanda do Norte

Publicado o 11/05/2020 09:02

Unha vixilancia sometida a cinco niveis de actuación.

Di Boris Johnson que agora están no nivel 4 e que o sacrificio é preciso para seguir ascendendo. E autoriza o regreso ao traballo de quen non poida facelo desde a casa e permite as saídas ilimitadas para facer deporte e tomar o sol a partir do mércores.

Unhas medidas que non se van tomar en Gales, Escocia ou Irlanda do Norte, que van manter o confinamento.

"Por favor, quedade na casa", di Nicola Sturgeon, primeira ministra escocesa, tras conversar con Johnson, anunciando que porán en corentena aos chegados de Inglaterra.

Se non existise rebrote da pandemia, Johnson afirmou que en xuño reabrirán comercios e algúns cursos das escolas primarias, mentres que en xullo poderán facelo a secundaria e a hostalaría.

Noticias web

11/05/2020