CRTVG

Buscar

Joe Biden participa no cumio da UE que aborda a problemática da vacinación

Publicado o 25/03/2021 20:59

Os líderes da Unión Europea impulsan co presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, as relacións transatlánticas. A do norteamericano é unha intervención excepcional no Cumio Europeo que celebran por teleconferencia para coordinar a loita contra a pandemia.

Tanto a UE como os EAU queren reimpulsar as súas relacións cunha política común cara a China ou Rusia. Ademais, con Biden Bruxelas debe pactar ese mecanismo para chegar a bloquear a exportación de vacinas porque os Estados Unidos poderían verse prexudicados polo enfrentamento co Reino Unido e con AstraZeneca, e iso é algo que na Unión Europea non se desexa. 

De feito, como di un líder europeo, o que hai é un xenuíno entusiasmo para traballar con Biden na loita contra a covid. Dentro da teleconferencia puidose observar unha acollida agridoce a esa proposta da Comisión para bloquear as vacinas.

Hai socios como Bélxica, Dinamarca ou países Baixos que non queren chegar a boicotear as cadeas de produción das farmacéuricas. Porén, Italia ou Polonia piden máis man dura.

As cifras son claras: desde decembro a UE exportou 77 millóns de vacinas, case as mesmas que se están a aplicar aos cidadáns europeos. E iso que a meirande parte son de Pfizer, porque AstraZeneca seguen sen cumprir co contrato.

Noticias web

25/03/2021