CRTVG

Buscar

Joe Biden gaña as primarias demócratas en Carolina do Sur

Publicado o 01/03/2020 01:22
Joe Biden gaña as primarias demócratas en Carolina do Sur

O ex-vicepresidente dos Estados Unidos, Joe Biden, gañou este sábado as primarias do partido demócrata no estado de Carolina do Sur. Un forte apoio da poboación negra permitiulle a Biden a súa primeira vitoria ata agora nas primarias da formación con vistas a nomear un candidato que lle dispute a presidencia do país a Donald Trump. Con este triunfo Biden relanza a súa campaña presidencial.