Joe Biden asegura que está en contacto cos talibáns para coordinar a evacuación de norteamericanos
Publicado o 20/08/2021 21:21

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, asegurou esta tarde que calquera ataque ao plan de evacuación terá unha resposta clara e inmediata. Tamén dixo que está en contacto permanente cos talibáns para asegurar a chegada de norteamericanos ao aeroporto.
O presidente anunciou que o G7 se reunirá a vindeira semana para falar sobre Afganistán. E respondendo ás críticas sobre o momento e o xeito da retirada, defendeu que non había unha maneira sinxela de irse do país.