CRTVG

Buscar

Joaquín Silva resume o mundo dos dinosaurios en máis de 1.000 selos

Publicado o 26/10/2021 21:35
A colección reúne o 80% dos selos do mundo da temática

Visitamos unha curiosa mostra de selos que se pode ver estes días no edificio de Correos de Ourense. Os extinguidos dinosauros son os protagonistas da colección dun afeccionado á filatelia con estampas únicas destes animais e que se expoñen por primeira vez ao público, .

Máis dun milleiro de selos emitidos en diferentes series en países como Maldivas, Guinea Ecuatorial, O Salvador, a Arxentina ou nas illas caribeñas.O filatélito Joaquín Silva estivo tres décadas buscando nas filatelias de toda España selos de dinosauros.

Unha afección que comezou cando descubríu as cartas que se enviaban os seus pais na época da mili.E Joaquín segue coleccionado, agora cartas da primeira guerra mundial.

A mostra o mundo dos dinosauros poderase verse ata o vindeiro 20 de novembro no edifico de Correos en Ourense.
 

Noticias web

26/10/2021