CRTVG

Buscar

Joaquín Carneiro: "A maioría dos galegos que queren emigrar ao Canadá son universitarios"

Publicado o 10/09/2019 12:29

Ana Celia conversa con Joaquín Carneiro, vicecónsul de cinco provincias no Canadá. Estivo de vacacións en Galicia, como moitos emigrantes galegos, e agora toca volver á rutina, volver ao país de adopción.

Joaquín Carreira cóntanos a súa historia, interesante, desde que marchou ao Canadá no ano 1971, e, por suposto, sen carreira diplomática. A súa intención non era quedar no Canadá, era asistir un ano ou dous á universidade, pero foino pospoñendo e pasaron case 50 anos.

"O de vicecónsul é un papel esencialmente voluntario e fágoo con gusto, aínda que é moito. Cando falamos de provincias non podemos pensar nas de España, son moito maiores. É unha rexión inmensa, pouco poboada; a maioría dos canadenses vive preto da fronteira con Estados Unidos".

"Hai da orde de 4.000 españois, moitos deles non nados en España. Os que queren emigrar agora é xente cualificada, con graos universitarios, eu fago de intermediario".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019