CRTVG

Buscar

Tardà admite que non existe unha maioría de cataláns a prol da independencia

Publicado o 14/11/2017 14:24

O voceiro de Esquerra Republicana de Cataluña foi o último en se sumar á cadea de pasos atrás, desmentidos e recoñecemento de fracaso do proceso independentista destes últimos días. Joan Tardá admitiu que non existe unha maioría de cataláns a prol da independencia.

PP e PSOE acusan aos independentistas de enganar aos cataláns coa independencia. Din que eles mesmos o recoñecen agora ao admitir que non estaban preparados para poñela en marcha. Unidos Podemos cre que o máis grave é que non tiñan apoio nin lexitimidade democrática.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017