CRTVG

Buscar

Joan Laporta, elixido novo presidente do F. C. Barcelona co 54 % dos votos

Publicado o 08/03/2021 07:52
Joan Laporta, elixido novo presidente do F. C. Barcelona co 54 % dos votos

Joan Laporta proclamouse este domingo novo presidente do  F. C. Barcelona ao sumar 30.184 votos (o 54,28 % do total) nas eleccións celebradas pola entidade azulgrana para elixir a súa nova xunta directiva.

Segundo nestes comicios foi Víctor Font, con 16.679 votos (o 29,99 %), e terceiro Toni Freixa, con 4.769 apoios (o 8,58 %).

Un total de 55.611 socios, o 50,42 % da masa social con dereito a voto, participaron nas eleccións á presidencia do club blaugrana, malia celebrárense no medio dunha pandemia.