CRTVG

Buscar

Joan Laporta: "a situación do club é dramática, a débeda é de 1.350 millóns de euros"

Publicado o 16/08/2021 15:02

O presidente do FC Barcelona, Joan Laporta, explicou que "a situación do club é dramática, a débeda é de 1.350 millóns de euros" na rolda de prensa para expoñer as conclusións da 'due diligence' que se fixo para coñecer o estado da entidade. "O Barça ten un patrimonio neto negativo de 451 millóns de euros, isto é moi delicado. O fondo de manobra tamén é negativo en 551", engadiu neste sentido o mandatario azulgrana no Auditori 1899.

Segundo Laporta, "isto forma parte dun 'modus operandi' que se saltaba todos os controis da entidade, como o fraccionamento das facturas do ' Barçagate', e pasaba o mesmo no Espai Barça, coa débeda contraída e nos departamentos de informática e de márquetin". Outros datos que desvelou Laporta durante a rolda de prensa foi que as perdas do curso 2020-2021 ascenderán ata os 481 millóns de euros, que os gastos serán de 1.136 millóns e que o impacto do coronavirus será de 91 millóns. Tamén explicou que "toda a masa salarial deportiva sobe a 617 millóns de euros, o que supón un 103% respecto os ingresos totais do club".



 

Noticias web

16/08/2021