CRTVG

Buscar

Jiménez di que gañando en Málaga o Lugo está en números de permanencia

Publicado o 20/12/2019 20:51

A eliminación da Copa en Sestao e a derrota co Sporting non distraen a Eloy Jiménez do seu plan para a permanencia. As contas seguen saíndo se o Lugo acaba a primeira volta gañando en Málaga.

Eloy Jiménez: "Teríamos 24 e conforme está isto, van chegar 47 ou 48 puntos, como o ano pasado. Estaríamos nos números"

Pero a dinámica non é boa. Dous puntos sumados dos últimos quince... Jiménez xa tivo algún desencontro con afeccionados e ponse á defensiva.

Jiménez: "Fomos a pola eliminatoria, a xente pode dicir o que queira. Xa sei que calquera cousa que faga a xente vaime penalizar"

Os tres puntos de Málaga axudarían a rebaixar a tensión.

Noticias web

20/12/2019