CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Jim Sports Technology, o maior almacén de material deportivo do sur de Europa, recibe o premio CEL-ABANCA pola súa iniciativa emprendedora

Publicado o 14/02/2018 14:46

A empresa con sede en Palas de Rei Jim Spots Technology recibiu o premio Confederación de Empresarios de Lugo-ABANCA que lle recoñece a súa iniciativa emprendedora. O galardón foi entregado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde resaltou a gran visión estratéxica desta empresa dedicada ao mundo do deporte.

O maior centro loxístico do sur de Europa especializado en material e equipamento deportivo está aquí en Palas de Rei. Máis de 20.000 metros cadrados pertencentes ao grupo galego Jim Sports formado por seis empresas que importan e distribúen a máis de 30 países. Operan con oito marcas do sector, algunhas delas propia. A súa aposta é pola calidade, os prezos competitivos e a atención personalizada e profesional. Conta cun equipo novo de máis de cen persoas. Ao ano facturan máis de 16 millóns de euros. Un exemplo de emprendemento e crecemento, e máis tendo en conta os seus inicios. O seu dono comezaba no garaxe da casa importando un colector de balóns de baloncesto. O seu catálogo conta con máis de 17.000 referencias en artigos deportivos. Máis de 3.000 tendas españolas se abastecen neste centro loxístico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí